Diálogos 3 (radio 3-rne)

Diálogos 3 [Radio 3-RNE] Especial selo ECM - programa 1 [marzo 1992]

Informações:

Synopsis

Primeiro dos programas especiais adicados ao selo alemán ECM [Edition of Contemporary Music], da serie Diálogos 3 [Rádio 3, RNE] que inauguramos a semana pasada neste blog. O programa que rescatamos hoxe responde ao primeiro dunha serie de dous que Ramón Trecet adicou ao selo alemán de nova música, ECM. Lembro que durante algunha grella radiofónica, Trecet, realizaba programas os sábados e domingos, donde aproveitaba para deterse na biografía dos músicos que pinchaba de luns a venres ou, mesmo, en selos discográficos coma ECM. Calquera outra lembranza ou emenda é benvida como comentario a esta entrada. Neste primeiro programa, RamónTrecet nos relata como un proxecto de distribución de músicas por correio postal chamado Jazz by Post, se transforma a finais da década dos sesenta nunha discográfica capitaneada por Manfred Eicher, ECM, na que comezarían a gravar as súas produzóns artistas que non se acomodaban a ningunha etiqueta convencional. Jazz, world music, contemporánea, clásica, son xéneros que atopamos