Diálogos 3 (radio 3-rne)

Informações:

Synopsis

Recuperación de programas históricos del mítico Diálogos 3 [Radio 3-RNE] presentado y dirigido por Ramón Trecet. Algunas de las ediciones están presentadas por Lara López, en su momento co-presentadora del espacio, junto a Trecet.Las grabaciones originales proceden de cintas de casetes, que por entonces registraba y que hoy digitalizo y subo a este sitio y a mi blog para el disfrute de todas y todos, dado que, parece, ni siquiera están disponibles en el archivo sonoro de RNE.Algunas de los audios no son propiamente de Diálogos 3, pero por su temática decidí subirlas a este canal [conciertos emitidos en Radio 3 de las llamadas "Nuevas Músicas"].Libre difusión con indicación de la fuente.Fuente: Pequeno Monstro [Rádio FilispiM, 93.9 FM, libre e comunitaria, Ferrol]+ programas en: http://offmental.blogspot.com.es(etiqueta: DIÁLOGOS 3-RNE)

Episodes

  • Diálogos 3 [Radio 3-RNE] Especial TALITHA MACKENZIE - Álbum Sòlas

    28/04/2013 Duration: 57min

    Edición especial de Diálogos 3, apresentado por Ramón Trecet, adicado ao álbum Sòlas, publicado por TALITHA MACKENZIE no ano 1993. O programa foi emitido un domingo do ano 1994 por Radio 3 (RNE). Sobre Talitha MacKenzie: "Talitha nace y crece en la multicultural ciudad de Nueva York y queda cautivada por las canciones tradicionales de todo el mundo. Habiendo escuchado la primera canción gaélica a la edad de siete años, fue durante su adolescencia cuando comenzó a recopilar grabaciones de campo del canto tradicional de este antiquísimo estilo de música vocal... Tras varios años de gira en solitario por América y de colaboración vocal en diversas bandas tradicionales, Talitha se traslada a Escocia en 1987, donde formará parte de la popular agrupación escocesa de baile Drumalban". "En 1988, co-fundó el dúo Mouth Music, cuyo innovador álbum homónimo (con arreglos de música del mundo contemporáneo de canciones gaélicas tradicionales) encabezó las listas en la Semana de la Música y de Billboard, recibiendo elogi

  • Diálogos 3 [Radio 3-RNE] Especial LA CONEXIÓN IRLANDESA.

    13/04/2013 Duration: 49min

    Diálogos 3 [Radio 3-RNE] Especial "LA CONEXIÓN IRLANDESA". Presentado e dirixido por Ramón Trecet. Emitido orixinalmente en Radio 3 (RNE), entre o ano 1990 e 1991. Músicas e comentarios de: - NIGHTNOISE. - THERESE SCHROEDER-SHEKER. - ENYA BRENNAN & LIAM O´FLYNN. Fonte: arquivo sonoro de Pequeno Monstro (Rádio FilispiM, 93.9 FM. Ferrol). + programas en: http://offmental.blogspot.com (Etiqueta "DIÁLOGOS 3").

  • Diálogos 3 [Radio 3-RNE] Especial INTERIOR [Tsukasa Betto, Mitsuru Sawamura, Eiki Nonaka e Daisuke Hinata]

    03/06/2012 Duration: 09min

    Dialogos 3 [Radio 3-RNE] - Especial cuarteto de música electrónica xaponés, INTERIOR [Tsukasa Betto, Mitsuru Sawamura, Eiki Nonaka e Daisuke Hinata]. Arquivo sonoro de o Pequeno Monstro [Rádio FilispiM]. O audio é un pequeno extracto dun programa dunha serie de dous programas adicados a nova música nipona. Emitido cara o ano 1992 en Diálogos 3, presentado e dirixido por Ramón Trecet. INTERIOR, foron: Drums, Percussion – Tsukasa Betto Saxophone, Keyboards – Mitsuru Sawamura Synthesizer – Eiki Nonaka Synthesizer, Piano – Daisuke Hinata

  • Diálogos 3 [Radio 3-RNE] Especial YELLOW MAGIC ORCHESTRA - RYUICHI SAKAMOTO

    03/06/2012 Duration: 31min

    Dialogos 3 [Radio 3-RNE] - Especial YELLOW MAGIC ORCHESTRA - RYUICHI SAKAMOTO Data emisión orixinal: cara o ano 1992. Este especial forma parte dun conxunto de dous programas que entre Lara López e Ramón Trecet [por entón, copresentadores de Diálogos 3] adicaron a "nova música" electrónica nipona. Un extracto do segundo dos programas é o adicado ao cuarteto nipón INTERIOR, que atoparás procurando neste mesmo podcast [Diálogos 3]. Apresenta: Lara López. Fonte: arquivo sonoro do Pequeno Monstro [Rádio FilispiM]. Máis info, máis gravacións históricas de DIÁLOGOS 3, en http://pequenosmonstros.blogspot.com Etiqueta: "DIÁLOGOS 3 - RADIO3-RNE"

  • Diálogos 3 [Radio 3-RNE] EUGENE FRIESEN - Earth Requiem [1992]

    06/05/2012 Duration: 54min

    Gravación rescatada e dixitalizada do programa Dialogos 3 [Radio 3-RNE], apresentado e dirixido por Ramón Trecet. Nesta ocasión especial gravación da misa: Earth Requiem [1992], composta polo violonchelista do Paul Winter Consor, EUGENE FRIESEN. Esta gravación, efectuada en directo nunha pequena igrexa de Durham en Carolina do Norde [EE.UU.], non chegou a ser publicada en ningún formato. A Eugene Friesen, no violoncelo, lle a compaña o coro habitual da Catedral St. John the Divine [N.Y.C.] dirixido por Paul Halley que tambén toca o piano, ademáis de Glen Vélez a percusón e outros músicos habituais no Consort de Paul Winter. No programa, Trecet, reproduce e comenta unha cinta que o propio EUGENE FRIESEN lle fai chegar ao pouco de ser gravada nesa igrexa. Entrada completa en: http://pequenosmonstros.blogspot.com Etiqueta: "DIALOGOS 3 [Radio3 - RNE]"

  • PAUL WINTER CONSORT - Palacio de Congresos y Exposiciones de Madrid - 25/01/1991 [Radio 3 - RNE]

    29/04/2012 Duration: 46min

    Concerto do PAUL WINTER CONSORT celebrado no Palacio de Congresos e Exposiciones de Madrid o venres 25/01/1991, según a retransmisión en directo de Radio 3 [RNE], ese mesmo día. O concerto foi organizado polo Club de Música y Jazz San Juan Evangelista e etiquetado coma "New Age". Os comentarios durante o transmisión foron realizados por José Miguel López [Discópolis], que estaba no propio concerto e Jesús Ordovás, que estaba nos estudios de Radio 3 [RNE]. Riba do cenario os músicos foron: Paul Winter: saxo soprano Paul Halley: piano Eugene Friesen: vilonchelo Rhonda Larson: frauta Glen Vélez: percusión Audio procedente dunha cinta de casete, agora dixitalizado, do arquivo sonoro de o Pequeno Monstro [Rádio Filispim]. Máis info en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

  • Diálogos 3 [Radio 3-RNE] Comezos da Música Electrónica [Cap2. ISAO TOMITA] - 02/02/1992

    22/04/2012 Duration: 46min

    Novo especial da serie DIÁLOGOS 3. Nesta ocasión, segunda metade do especial adicado aos inicios da música electrónica, un programa emitido o 2 de febreiro de 1992 en Radio 3 [RNE], adicado ao sintesista nipón Isao Tomita. Se na primeira parte deste especial falamos dos instrumentos, nesta nos centraremos nos artistas até dar co noso protagonista, Tomita. sao Tomita nace en Tokio o 22 de abril de 1932 [acaba de cumprir 80 anos] e pasa a súa primeira infancia en China. De volta a Xapón, inicia as súas primeiras clases privadas de orquestación e composición mentres estudia historia da arte na Universidade. Graduase no ano 1955 e se convirte en compositor para series de TV, cinema e teatro. Para os Xogos Olímpicos de Autralia, en 1956, compón música para o equipo ximnástico nipón. A finais dos 60, fica fascinado cos primeiros álbumes de Walter [Wendy] Carlos, donde este interpretaba música clásica cun sintetizador Moog [...] Entrada completa en: http://pequenosmonstros.blogspot.com.es/2012/04/dialogos-3-rad

  • Diálogos 3 [Radio 3-RNE] Comezos da Música Electrónica [Cap1. WALTER/WENDY CARLOS] - 01/02/1992

    13/04/2012 Duration: 46min

    Novo especial da serie DIÁLOGOS 3. Nesta ocasión, un programa monográfico emitido o 1 de febreiro de 1992 en Radio 3 [RNE], adicado ao sintesista Walter/Wendy Carlos. A fonte, como sempre, unha vella cita de casete no arquivo sonoro do Pequeno Monstro. "A música electrónica que habitualmente escoitades en Diálogos 3, ten unhas orixes moi concretas que imos tentar de explorar nos dias de hoxe e manhá ao través de dous artistas que, cada un coas súas especias caracteríticas, marcaron unha serie de sendas a seguir, da reproduzón, máis que da produzón, aínda que no caso de Wendy Carlos, a recreación pasou a un segundo termo, despois. Estamos a falar de Wendy Carlos, antes chamado Walter Carlos, e de Isao Tomita [...] De 1955 a 1967, o doutor en electrónica Robert Moog, inventa el sintetizador Moog, cuxa evolución sería o Mini Moog, instrumento eletrónico do que se dicía que era capaz de crear unha gama case infinita de sons. Robert Moog, foi galardoado co Polar Music, da Real Academia da Música de Suecia, cons

  • Diálogos 3 [Radio 3-RNE] Especial MARK ISHAM - 06/08/1991

    01/04/2012 Duration: 46min

    Novo especial da serie DIALOGOS 3. Nesta ocasión recuperamos dunha vella cinta de casete no aquivo sonoro do Pequeno Monstro, un programa monográfico, emitido o 6 de agosto de 1991 en Radio 3 [RNE], adicado ao trompetista, pianista e produtor MARK ISHAM. MARK ISHAM, nace un 7 de setembro de 1951 en Nova Iorque. Na súa adolescencia xuntábase cos seus amigos nos garaxes das súas moradas para fazer músicas. Entre eles estaban, Terry Bozzio, Peter Maunu e Patrick O´Hearn. Ao cumprir 20 anos comeza a estudiar programación de música electrónica, inda que mantén a trompeta coma instruemento principal na súa carreira coma compositor. Traballos por el asinados, coma Vapor Drawings, Castalia ou Tibet foron nominados aos premios Grammy. Ademáis foi galardonado nos Emmy e candidato aos Globos de Oro e Oscar. De feito, Mark Isham é actualmente un dos tres compositores de BSO de filmes máis recoñecidos, xunto a Ennio Morricone e John Williams. No seu haber están máis dun cento de músicas para filmes. A banda sonora do

  • NIGHTNOISE - Teatro Calderón Valladolid [23/04/1991] Ramón Trecet - Radio3 [RNE]

    25/03/2012 Duration: 58min

    Concerto do grupo de Oregón NIGHTNOISE celebrado no Teatro Calderón Valladolid o 23 de abril de 1991. Programa especial de Radio 3 [RNE], presentado e comentado por Ramón Trecet, unha noite dese mesmo ano. Fonte: arquivo sonoro de o Pequeno Monstro [Rádio FilispiM]. Máis info e programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com [Etiqueta: "Serie: DIÁLOGOS 3 [Radio 3-RNE]"

  • Diálogos 3 [Radio 3-RNE] Especial NIGHTNOISE [biografia] 07/08/1991

    25/03/2012 Duration: 45min

    Edición de fin de semana especial de DIÁLOGOS 3, programa de Radio 3 [RNE], apresentado e dirixido por Ramón Trecet. Nesta ocasión rescatamos un especial adicado a biografía da banda de Oregón NIGHTNOISE, emitido un 07/08/1991 en Radio 3 [RNE]. O audio foi dixitalizado dunha gravación caseira en cinta de casete, procedente do aquivo sonoro de O Pequeno Monstro [Rádio FilispiM]. Máis info en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

  • Diálogos 3 [Radio 3-RNE] Especial DEAD CAN DANCE - programa 2 [primavera 1994]

    17/03/2012 Duration: 23min

    Segundo dos programas especiais dentro da serie DIALOGOS 3 [Radio 3, RNE], rescatados do arquivo sonoro de o Pequeno Monstro [Rádio Filispim]. Nesta ocasión adicado ao grupo DEAD CAN DANCE, banda cuxos pilares fundamentais son Lisa Gerrad [Autralia, 1961] e Brendan Perry [Londres, 1959], e que gravaron para o selo underground 4AD. Neste segundo programa especial, Ramón Trecet fai unha transcripción radiofónica dunha entrevista realizada ao dúo en outubro do ano 1993. Cada gravación ten uns duración aproximada de 23 m, o que quer dicer que os programas non están completos, mais non deixan de ser documentos de grande interés, pois estes documentos, semella, non se atopan nen o propio arquivo sonoro de RNE. Sintonizamos, tres da tarde, Radio 3 [RNE], Dialogos 3, Ramón Trecet... Programa 2: transcripción radiofónica dunha entrevista a DEAD CAN DANCE Máis info en: http://pequenosmonstros.blogspot.com [etiqueta: "DIALOGOS 3 [Radio 3-RNE]"

  • Diálogos 3 [Radio 3-RNE] Especial DEAD CAN DANCE - programa 1 [primavera 1994]

    17/03/2012 Duration: 23min

    Novo especial de Diálogos 3 [Radio 3, RNE], rescatado do arquivo sonoro de o Pequeno Monstro [Rádio Filispim]. Nesta ocasión adicado ao grupo DEAD CAN DANCE, banda cuxos pilares fundamentais son Lisa Gerrad [Autralia, 1961] e Brendan Perry [Londres, 1959] e que gravaron para o selo underground 4AD. No primeiro dos programas especiais que Ramón Trecet adicou a este ecléctico dúo, analisa os seus primeiros traballos. A gravación ten unha duración aproximada de 23 m, o que quer dicer que o programa non está completo, mais non deixa de ser un documento de interés. Sintonizamos, tres da tarde, Radio 3 [RNE], Dialogos 3, Ramón Trecet... Programa 1: percorrido polos seus primeiros traballos no selo 4AD. Máis info e programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com [etiqueta: "DIALOGOS 3 [Radio 3-RNE]"

  • Diálogos 3 [Radio 3-RNE] Especial selo ECM - programa 2 [marzo 1992]

    11/03/2012 Duration: 40min

    Seguimos a desempolvar vellas cintas de casete do arquivo sonoro do Pequeno Monstro [Rádio Filispim]. Como dixemos no seu momento, é un "agora ou nunca", e penso que, no caso destas edicións especiais de Diálogos 3, si pague a pena, pola grande cantidade de datos que subministra Trecet sobre os artistas, nun momento no que, lembremos, conquerir información sobre estos tipos de músicas e artistas era unha tarefa certamente complicada, sendo a rede de internet algo que viamos nas películas americanas e pouco máis. Estamos no mes de marzo do ano 1992. Segunda e última das entregas do especial de Diálogos 3, adicado ao selo de Múnich ECM [Edition of Contemporary Music]. Nesta ocasión Rámón Trecet nos oferece a biografía e traballos no catálogo ECM, dos seguintes artistas: - JOHN SURMAN [Withholding Pattern, 1985] - OREGON (Ralph Towner, Collin Walcott, Glen Moore) [Oregon, 1983] - CHICK COREA & GARY BURTON [Duet, 1979] - L. SHANKAR [M.R.C.S, 1991] - EGBERTO GISMONTI & NANA VASCONCELOS [Duas Vozes, 1984

  • Diálogos 3 [Radio 3-RNE] Especial selo ECM - programa 1 [marzo 1992]

    11/03/2012 Duration: 47min

    Primeiro dos programas especiais adicados ao selo alemán ECM [Edition of Contemporary Music], da serie Diálogos 3 [Rádio 3, RNE] que inauguramos a semana pasada neste blog. O programa que rescatamos hoxe responde ao primeiro dunha serie de dous que Ramón Trecet adicou ao selo alemán de nova música, ECM. Lembro que durante algunha grella radiofónica, Trecet, realizaba programas os sábados e domingos, donde aproveitaba para deterse na biografía dos músicos que pinchaba de luns a venres ou, mesmo, en selos discográficos coma ECM. Calquera outra lembranza ou emenda é benvida como comentario a esta entrada. Neste primeiro programa, RamónTrecet nos relata como un proxecto de distribución de músicas por correio postal chamado Jazz by Post, se transforma a finais da década dos sesenta nunha discográfica capitaneada por Manfred Eicher, ECM, na que comezarían a gravar as súas produzóns artistas que non se acomodaban a ningunha etiqueta convencional. Jazz, world music, contemporánea, clásica, son xéneros que atopamos

  • Diálogos 3 [Radio 3-RNE] Especial Suzanne Ciani, History of my Heart [dic.1989]

    04/03/2012 Duration: 46min

    Gravación do mítico DIÁLOGOS 3 de Radio 3 [RNE], presentado e dirixido por Ramón Trecet, dun día do mes de decembro de 1989 ás 3 da tarde... Nesta ocasión, Trecet, analisa o traballo History of my Heart da intérprete e compositora Suzanne Ciani. Audio do arquivo sonoro particular do Pequeno Monstro [Rádio FilispiM, Ferrol] Máis info en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

  • Diálogos 3 [Radio 3-RNE] Entrevista a Lito Vitale [10/01/1990]

    04/03/2012 Duration: 01h02min

    Programa especial de Diálogos 3, correspondiente al miércoles 10 de enero de 1990, donde Ramón Trecet entrevista a Lito Vitale en la presentación del album La Senda Infinita. Múchas llamadas de los oyentes y los habituales comentarios de Trecet. Audio rescatado de cinta de casete del archivo sonoro de o Pequeno Monstro [Rádio FilispiM, Ferrol]. Máis info en http://pequenosmonstros.blogspot.com