Diálogos 3 (radio 3-rne)

Diálogos 3 [Radio 3-RNE] Especial MARK ISHAM - 06/08/1991

Informações:

Synopsis

Novo especial da serie DIALOGOS 3. Nesta ocasión recuperamos dunha vella cinta de casete no aquivo sonoro do Pequeno Monstro, un programa monográfico, emitido o 6 de agosto de 1991 en Radio 3 [RNE], adicado ao trompetista, pianista e produtor MARK ISHAM. MARK ISHAM, nace un 7 de setembro de 1951 en Nova Iorque. Na súa adolescencia xuntábase cos seus amigos nos garaxes das súas moradas para fazer músicas. Entre eles estaban, Terry Bozzio, Peter Maunu e Patrick O´Hearn. Ao cumprir 20 anos comeza a estudiar programación de música electrónica, inda que mantén a trompeta coma instruemento principal na súa carreira coma compositor. Traballos por el asinados, coma Vapor Drawings, Castalia ou Tibet foron nominados aos premios Grammy. Ademáis foi galardonado nos Emmy e candidato aos Globos de Oro e Oscar. De feito, Mark Isham é actualmente un dos tres compositores de BSO de filmes máis recoñecidos, xunto a Ennio Morricone e John Williams. No seu haber están máis dun cento de músicas para filmes. A banda sonora do